Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA "OS AMOS DO MUNDO"
Os actores Pedro Picos e Xosé Bonome, de Bucanero Teatro, forman o elenco desta obra teatral sobre dous homes cun mesmo destino
Narón, 20 de outubro de 2022. O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 22, a representación da comedia “Os amos do mundo”, da compañía Bucanero Teatro. Esta peza para adultos (a partir de 12 anos) ten unha duración de algo máis de hora e media e poderá verse ás 20.00 horas. Os actores Pedro Picos e Xosé Bonome forman o elenco desta peza, na que darán vida a un home rico e un pobre, un explotador e un home un pouco explotado. A obra conta a historia de dous homes cun mesmo destino. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal