Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO TEMPO DE MÚSICA CONTINÚA ESTE DOMINGO NO COUTO COA ACTUACIÓN DAS CORAIS "AIRIÑOS DE CARANZA" E "ALECRÍN"
A presidenta do Padroado da Cultura e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou a dilatada traxectoria desta cita musical, con entrada de balde
Narón, 21 de outubro de 2022. A vixésimo novena edición do ciclo “Tempo de Música” continuará este domingo, día 23, no local social da Picota (O Couto) con dúas novas actuacións corais. Nesta ocasión, tal e como indicou a presidenta do Padroado da Cultura e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, poderase desfrutar da música de “Airiños de Caranza” e de “Alecrín”, ambas de Ferrol. A cita dará comezo ás 18.00 horas e a entrada é de balde. Este ciclo musical rematará o vindeiro 30 de outubro coa actuación da agrupación “Culpables”, de Neda, e pechará esta edición a coral “Amistad”, da Asociación de Veciños do Couto, en Narón. O pasado 2 de outubro iniciouse no local social da Picota a programación de “Tempo de Música”, cun concerto da Banda Xuvenil “Sementeira”, de Narón, para continuar o día 9 deste mes coas corais polifónica “Montemar” e da Asociación Cultural “Francisco Añón”, as dúas de Outes, na Coruña. A pasada fin de semana, o día 16, foi o turno da Asociación músico-vocal “Alegre Intermezzo”, de Pontedeume e da rondalla de mulleres “Santa Uxía de Mandiá”, de Ferrol. Ferreiro destacou “o traballo realizado un ano máis dende a Asociación de Veciños do Couto para poder desenvolver na parroquia esta cita cultural, unha das máis tradicionais da cidade” e animou á veciñanza a acudir ás convocatorias que se celebrarán este mes. A Deputación da Coruña e a Federación Galega de Corais colaboran tamén nesta convocatoria, organizada pola AVV do Couto xunto co Concello naronés, a través do Padroado da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal