Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ A ROTONDA DE FREIXEIRO DE COR VERMELLA O LUNS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A POLIOMIELITIS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que o Concello se suma deste xeito ás reivindicacións para erradicar esta enfermidade
Narón, 21 de outubro de 2022. O Concello iluminará de cor vermella a glorieta de Freixeiro o vindeiro luns, día 24, ás 21.00 horas con motivo do Día Internacional da Loita contra a poliomielitis, que se conmemora nesa data. Representantes do Rotary Club de Narón mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa, Marián Ferreiro, para solicitar ese acto, a través do que se quere incidir na importancia de continuar traballando para erradicar a polio no mundo. “Pongamos fin a la polio” é o lema elixido para a convocatoria deste ano. Dende o colectivo sinalan que mentres se detecten casos nalgún lugar –recentemente localizáronse no Reino Unido e en Nova York- continuará o risco en todo mundo e aseguran que a pesares da situación actual “continuamos avanzando e a promesa da erradicación da polio continúa en pé”. Dende o colectivo inciden na importancia da vacinación como único xeito de prevención contra a polio, entre outras enfermidades e do investimento na prevención e investigación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal