Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ O LUNS E O MARTES DA VINDEIRA SEMANA XUNTO AO CENTRO DE SAÚDE
O vehículo estará operativo en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00
Narón, 21 de outubro de 2022. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá estacionada a vindeira semana, o luns 24 e o martes 25, nas inmediacións do novo centro de saúde. A unidade estará operativa os dous días en horario de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas, período no que se atenderá ás persoas que desexen realizar unha doazón de sangue. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos. Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal