Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVAS RESTRICIÓNS TEMPORAIS DE TRÁFICO EN VARIAS RÚAS DA CIDADE DENDE O DOMINGO POLA RODAXE DA SEGUNDA TEMPADA DA SERIE "RAPA"
As xornadas de gravacións requiren tamén reservas de espazo de estacionamento en varios viais da zona do Alto
Narón, 21 de outubro de 2022. Nas rúas Don Pelayo, Marina Española e Virxe da O haberá este domingo varios espazos reservados para estacionar vehículos e continuar a rodaxe de escenas da segunda tempada da serie “Rapa”, da produtora Portocabo. O horario no que se manterán algunhas restricións e cortes de tráfico puntuais no caso de que sexan necesarios no cruce da rúa Don Pelayo e a Roncesvalles será dende as 22.00 horas deste domingo ata as 22 horas do mércores 26 de outubro, tal e como indicaron. Nas mesmas xornadas e horarios anteriormente citados, das 22.00 horas do domingo 23 ás 22.00 do mércores 26, reservarase espazo de estacionamento de vehículos nas rúas 25 de Xullo e San Andrés. Nestas dúas rúas podería haber cortes de tráfico puntuais para a gravación de escenas no interior do centro de saúde. Así mesmo, o luns 24 a rúa 25 de Xullo, no Alto do Castiñeiro, rexistrará o tamén restricións no tráfico rodado entre as 7.00 e as 20.00 horas aproximadamente debido á gravación de escenas da citada serie. Dende a produtora tamén informaron ao Concello que o mércores 26 precisan que se apaguen en horario nocturno tres farolas da rúa Don Pelayo e ese mesmo día, de 7.00 a 20.00 horas aproximadamente, gravarase de novo na rúa 25 de Xullo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal