Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NUNHA ENQUISA SOBRE A PERSPECTIVA DE XÉNERO NA REVISIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL
As persoas interesadas poden participar a través da plataforma Narón Participa ata o 10 de novembro e tamén haberá enquisas a pé de rúa
Narón, 21 de outubro de 2022. O Concello de Narón mantén aberto ata o 10 de novembro o prazo para participar nunha enquisa do proceso de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Poden realizala a través da plataforma Narón Participa todas as persoas da zona urbana e rural naronesa e o obxectivo da mesma é, tal e como se indicou dende a área de Participación Cidadá, “a recollida de información de calidade para a mellor integración da perspectiva de xénero no documento técnico e no modelo de cidade resultante”. O enlace para poder acceder ao procedemento é o seguinte: https://www.naronparticipa.es/es/naron/pro/pxom. Co fin de que poidan cumplimentar esta enquisa o maior número de persoas posible, tamén se programaron xornadas de enquisa a pé de rúa, para facilitar o proceso a aquelas persoas con dificultades de acceso a través de medios telemáticos. A relación da persoa con Narón en canto ao traballo e residencia, as actividades que realiza en diferentes ámbitos, a calidade urbana, establecementos e servizos, modos de desprazamento segundo actividade, calificación da calidade das rúas e prazas en función da súa accesibilidade, iluminación, seguridade, equipamento, etc. forman parte das preguntas. Así mesmo, requírese a idade, nivel de estudos, xénero, sector de emprego no caso de estar traballando e finalmente solicítase que indiquen posibles melloras no ámbito de urbanismo para mellorar a igualdade efectiva de xénero e a conciliación laboral e persoal das familias que residen na cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal