Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PISTA POLIDEPORTIVA DE DOSO ACOLLERÁ O SÁBADO UNHA NOVA EDICIÓN DA TRADICIONAL RECREACIÓN DA ESFOLLA
"A Esfolla" é unha recreación etnográfica arredor dunha tarefa agrícola e comunitaria desenvolvida nun rueiro agrícola, reproducindo elementos e valores de base comunitaria, de participación da veciñanza e de reconstrución e práctica activa da cultura popular
Narón, 10 de novembro de 2022. A parroquia de Doso acollerá o sábado día 12 a tradicional Recreación da Esfolla, unha cita que terá lugar a partir das 17.00 horas na pista polideportiva. Veciñas e veciños da parroquia, e tamén chegados doutros concellos acuden en moitos casos vestidos con roupas propias do século XX para contribuír a ambientar esta celebración, cun marcado carácter rural. A concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, presentou hoxe no Concello esta nova edición da Esfolla e agradeceu o traballo e colaboración da AVV “A Naveira” de Doso, a o seu presidente, José Ángel Rodríguez e membros da directiva, excusando a súa presenza hoxe por motivos laborais. A edil de Cultura recordou que o Padroado da Cultura colabora coa Asociación de Veciños “A Naveira” na organización deste evento festivo que se consolidou no tempo para manter viva esta tradición e transmitila ás diferentes xeracións. Ás 17.00 horas partirán do rueiro da Braña carros cargados con mazarocas de maínzo cedidas por veciños e veciñas do municipio. Dirixiranse ata a pista polideportiva de Doso, donde á súa chegada serán recibidos polas persoas que acudan á convocatoria e tamén con música, a cargo de grupos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón. Durante a tarde haberá actividades dirixidas a persoas de tódalas idades. Os nenos e nenas poderán asistir a obradoiros de elaboración de bonecos de maínzo e “Bolas da tixola” e mesmo se poderá ver na pista polideportiva a exposición de bonecos de maínzo que os escolares realizaron nas aulas a través dun obradoiro impulsado dende o Padroado da Cultura. A esfolla do maínzo comezará sobre ás 18.00 horas, podendo participar na mesma todas as persoas que o desexen, que tamén poderán anotarse pola tarde no terceiro Campionato de debagado de maínzo. A programación da Recreación da Esfolla inclúe tamén o Concurso de sobremesas, con postres elaborados con produtos de tempada e aberto á participación da cidadanía en xeral. As persoas que desexen participar teñen que anotarse ás 17.00 horas e recibirán un número para concursar cos doces que elaboraron e que valorará un xurado popular, encargado de conceder os premios deste certame. A música continuará ás 19.00 horas coa música do grupo “Os do fondo da barra" que interpretarán un variado repertorio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal