Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CPR JORGE JUAN VISITARON HOXE O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Un explorador e unha abella de Narón, de nome "Nara", acompañaron aos escolares durante o Itinerario didáctico pola Casa Consistorial
Narón, 11 de novembro de 2022. Un grupo de quince escolares de sexto curso de educación Infantil do CPR Jorge Juan, desprazouse esta mañá ao Concello con motivo das actividades proxectadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de Coñecemento do Concello a través Itinerarios didácticos na Casa Consistorial . Os menores, acompañados por persoal docente do citado centro de ensino, visitaron varias dependencias municipais da Casa Consistorial e reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos. Os escolares ocuparon os asientos dos membros da corporación local no salón de plenos e formuláronlle á rexedora local diversas cuestións relacionadas co seu traballo como alcaldesa da cidade y plantexáronlle varias cuestións. As rapazas e rapaces asistiron á proxección no salón de plenos do vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación sobre a historia da cidade e as súas parroquias e antes de abandoar o Concello, fotografiaronse coa alcaldesa, que lles fixo entrega duns agasallos, e tamén no photocall “Ti es a abella Nara”. Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañaron aos escolares durante a visita que se realiza de xeito teatralizado. As visitas deste programa continuarán desenvolvéndose en diversas datas deste mes de novembro con alumnado do CEIP A Solaina e CEIP Virxe do Mar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal