Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AOS BAILARINES NARONESES JESSICA GARCÍA E DAVID LÓPEZ, SUBCAMPIÓNS MUNDIAIS DE BAILES LATINOS NA CATEGORÍA SENIOR
Unha traxectoria encomiable, froito do traballo constante como parella de baile, caracteriza os importantes resultados no ámbito do baile deportivo acadados polos bailarines naroneses que posúen o recoñecemento de deportistas galegos de alto nivel
Narón, 15 de novembro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, recibiron no Concello a Jessica García e David López, membros do club de baile deportivo naronés UPA Un Paso Adelante, que acadaron recentemente o subcampionato mundial de bailes latinos na categoría senior na WDSF World Championship que tivo lugar na cidade holandesa de Rotterdam. Na recepción coa alcaldesa e o edil de Deportes, os deportistas naroneses recordaron como a súa afición polo baile comezou desde a infancia, unha afición que, co paso do tempo e desenvolvendo un intenso e meritorio labor de traballo e disciplina, firmes bases do seu entrenamento, os leva a acadar importantes éxitos no baile deportivo en diversas competicións de recoñecido prestixio. Campións de España e primeiros postos en competicións nacionais e internacionais como no Cambrils Dance Sport, Lyon French Open, Bremen Dance Sport, German Open Championship, e asimesmo medalla de prata no Wuppertal Dance Comp, ocupan o número un na clasificación mundial na súa categoría. Neste ano tamén obtiveron o recoñecemento a nivel autonómico como deportistas galegos de alto nivel. Ferreiro transmitiulles a Jessica e David as súas felicitacións en nome do Concello pola extraordinaria traxectoria que levan acadado no baile deportivo e manifestoulles o orgullo de que como naroneses, leven o nome de Narón en todas as competicións nas que participan, desexandolles moitos éxitos máis nas súas carreiras deportivas que constituen un extraordinario exemplo para moitas persoas.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es