Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS NO CONCELLO OS VALES DO SORTEO REALIZADO ENTRE AS PERSOAS PARTICIPANTES NO ESTUDO DO PROGRAMA NARÓN GASTRONÓMICO
As persoas premiadas recibirán unha cesta de produtos galegos mercados no comercio local
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción económica, David Pita, fixeron entrega esta mañá no Concello dos vales do sorteo realizado entre as trinta e dúas persoas que participaron no estudo do programa Narón Gastronómico. A recollida de datos para o estudo se realizou a través das enquisas que foron repartidas á clientela nos trinta e dous locales de hostalería colaboradores. Cada persoa premiada deberá entregar o seu vale no local de hostalería no que participou cubrindo a enquisa e recibirá unha cesta de produtos galegos mercados no comercio local. O obxectivo deste programa é acadar o coñecemento e promoción dos locais de hostalería para favorecer a especialización de cada local coas observacións aportadas por cada cliente. A alcaldesa e o edil naronés agradeceron a participación dos locais de hostalería, ao seu persoal e ás persoas que se achegaron e colaboraron na elaboración deste estudo aportando as súas opinións. A alcaldesa manifestou asimesmo a vontade do Concello de seguir na liña de colaboración co sector a través de diversas iniciativas que favorezan o seu desenvolvemento na cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal