Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ O XOVES 17 A PRESENTACIÓN DO LIBRO ´EL MONTE O LA MUERTE, MANUEL GIRÓN Y LA PRIMERA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA DE LA POSQUERRA, DO ESCRITOR SANTIAGO MACÍAS
O autor colaborou en numerosos medios de comunicación destacando a sua colaboración no reportaxe radiofónico ´Las fosas de la vergüenza´, de Ana Maceda, que obtivo Mención Especial na 49.ª edición dos Premios Ondas
Narón, 15 de novembro de 2022. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que o vindeiro xoves, día 17, a Biblioteca municipal acollerá a presentación do libro “El monte o la muerte, Manuel Girón y la primera guerrilla antifranquista de la posguerra”, do escritor Santiago Macías. A cita terá lugar na sala multiusos da planta soto a partir das 18.30 horas. A obra é un relato da epopeia, moitas veces sanguenta, da guerrilla antifranquista centrado na figura de Manuel Girón, o máis lexendario dos seus integrantes. Tres lustros despois da primeira publicación, Macías amplía a oitava edición con documentos inéditos e novos descubrimentos desta apaixoante historia que segue a ser referencia para os estudosos da posguerra. Pero, por riba de todo, en palabras do seu autor, a obra trata de aportar luz ás familias que aínda hoxe buscan información sobre os seus antepasados. Santiago Macías (decembro 1972) é colaborador en medios de comunicación e un dos fundadores da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). O acto de presentación do libro está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal