Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ O SÁBADO 19 UNHA HOMENAXE ADIANTADA AOS MÚSICOS DO MUNDO CONMEMORANDO A SÚA FESTIVIDADE
Un espectáculo musical coa Orquestra de camarote dirixido a nenas e nenos a partir de cinco anos
Narón, 16 de novembro de 2022. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que o vindeiro sábado, día 19, a Biblioteca municipal acollerá unha homenaxe adiantada aos músicos do mundo con motivo da conmemoración da súa patroa, Santa Icía. A Orquestra de Camarote, ofrecerá nas instalacións da Biblioteca ás 11.00 horas un espectáculo musical con personaxes moi especiais e música de moitos e moi variados estilos. Con eles faremos unha viaxe musical por distintas partes do mundo, recordou Taibo. Para participar na actividade os nenos e nenas deberán ter os cinco anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas. As persoas interesadas deberán reservar praza de maneira presencial ou chamando ao teléfono da Biblioteca 981382173 en horario de apertura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal