Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE OFRECE UNHA RECEPCIÓN Ó EQUIPO ALEVÍN DE FUTBOL SALA CIDADE DE NARÓN
Acaban de gañar o Campionato Galego de Fútbol Sala na súa categoría, e disputarán o Nacional.
Narón, 24 de Maio de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, ofreceron onte no Concello unha recepción institucional ó equipo alevín de fútbol sala ‘Cidade de Narón’ por gañar o Campionato Galego de Fútbol Sala na súa categoría (12 anos). Os rapaces acudiron cos seus pais e nais á recepción, e estiveron acompañados polos seus entrenadores (Abel Muiño e Tina Piñón) e polo presidente do Clube, Miguel Rodríguez Aneiros. O Alcalde e a Concelleira de Deportes fixéronlles entrega dunha praca en lembranza do éxito acadado, e desexáronlles sorte para o Campionato de España, que disputarán en Lugo do 3 ó 5 de xuño deste ano. Ademáis, expresáronlles a súa satisfacción por levar tan lonxe –deportivamente falando- o nome de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal