Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS NARONESES LARA HERMIDA E MANUEL FERNÁNDEZ, GAÑADORES DAS DÚAS ÚLTIMAS CESTAS DA "CAMPAÑA NADAL COMERCIO DE NARÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, foron os encargados de entregar os premios esta mañá no Concello
Narón, 30 de decembro de 2022. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregaron esta mañá no Concello as dúas últimas cestas da “Campaña Nadal Comercio de Narón”, organizada polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón. A naronesa Lara Hermida obtivo unha delas por unha compra realizada no establecemento Calzados Mara, e o tamén naronés Manuel Fernández, outra por unha papeleta depositada no Psicotécnico Abeiro. Entregáronse tamén os dous últimos bonos nun hotel spa para dúas persoas cunha noite de aloxamento, que neste caso foron tamén para dous veciños de Narón: Amalia Rego e Sonia Pillado, que resultaron elixidas polas papeletas depositadas en Platería Marvi e Nuria Espasandín, respectivamente. Os vales poderán canxearse ata o 31 de marzo de 2023. Ao acto de entrega acudiron tamén representantes dos establecementos nos que se depositaron as papeletas premiadas e da Asociación de Comerciantes de Narón. Os últimos sorteos desta campaña terán lugar o vindeiro ano e o acto de entrega programouse para o 5 de xaneiro no Concello. Alí se coñecerá aos gañadores de dous vales de 600 euros cada un e outros dous de 400 euros. Neste sorteo entrarán todas as persoas que realizasen compras nos preto de 70 establecementos adheridos á “Campaña de Nadal Comercio de Narón” e depositasen as papeletas entregadas polas compras. A campaña, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón, remata mañá día 31. A rexedora local e o edil felicitaron aos gañadores e gañadoras polos premios e destacaron de novo a implicación da ACN, así como a calidade, diversidade e a excelente atención sector comercial da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal