Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE CATROCENTAS PERSOAS PARTICIPARÁN NO ESPECTÁCULO ARTÍSTICO QUE ACOMPAÑARÁ AOS REIS MAGOS DE ORIENTE NA CABALGATA DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Festas, Natalia Hermida, anunciaron a Cabalgata que terá lugar o vindeiro día 5 de xaneiro na cidade
Narón, 30 de decembro de 2022. O vindeiro 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente saudarán ás nenas e nenos da cidade. A alcaldesa, Marián Ferrreiro, e a concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentaron esta mañá “A viaxe máxica. Cabalgata de Reis de Narón” que consistirá “nun espectáculo artístico de gran formato no que participarán preto de catrocentas persoas que acompañarán ás Súas Maxestades Reais unha vez que cheguen a Xuvia, dende onde sairán ás 17.30 horas da Praza do Colexio arroupados dunha comitiva real composta por artistas, actores e actrices de moitos lugares do mundo, nenos e nenas” avanzou Ferreiro, indicando que durante o percorrido tamén haberá espectáculos de danza, música e maxia. Unha vez cheguen os Reis Magos e a súa comitiva á Praza de Galicia dará comezo a recepción institucional, presidida pola alcaldesa. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán un ano máis dende Oriente ata a nosa cidade para saudar persoalmente aos nenos e nenas. “A viaxe máxica” a dos Reis Magos e os seus heraldos reais foi fruto das longas conversas institucionais para que esta visita oficial fose posible. A comitiva real estará composta por sete carrozas máxicas, as que percorrerán un tramo da estrada de Castela -dende Xuvia ata a praza de Galicia- amenizadas con espectáculos máxicos, de animación e de fantasía para o desfrute dos nenos e nenas. A carroza do carteiro real acompañado dos heraldos irá abrindo a comitiva real para que os máis rezagados poidan entregar a súa carta aos Reis Magos e a continuación irán as carrozas reais das Súas Maxestades: Melchor Gaspar e Baltasar, que encherán de ilusión ao seu paso aos máis pequenos. Tamén se poderá ver a carroza da Maruxaina (un persoaxe da cultura popular galega), o Crebanoces, que é un espectáculo típico das datas do Nadal e a carroza do Carboeiro real que especialmente compuxo para esta ocasión dúas cancións para os nenos e nenas de Narón. Así mesmo, a Banda de gaitas do Padroado da Cultura de Narón, a Escola de Baile de salón do Padroado, a Xove Banda de Narón da Asociación Cultural Musical Sementeira, actuarán para dar a benvida á cidade ás Súas Maxestades Reais: Melchor Gaspar e Baltasar. Dende o Concello agradeceuse a implicación de todo o persoal que fará posible que este gran espectáculo artístico se celebre na cidade, e tamén o labor tanto da Agrupación Deportiva e Cultural Bombeiros Narón como do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis), Protección Civil e Policía Local, que acompañarán á comitiva real na súa viaxe pola estrada de Castela. Así mesmo, animouse ás veciñas e veciños a presenciar esta Cabalgata e os espectáculos, que se poderán ver dende o traxecto de Xuvia ata o Alto e tamén da recepción posterior na Praza de Galicia. A programación de Nadal que pechará coa Cabalgata continuará esta fin de semana, concretamente o día 1 co lanzamento de fogos de artificio e coa festa de Fin de Ano, baixo unha carpa na Praza de Galicia dende as 01.00 horas, coa actuación do DJ Josi da Graver e a Orquestra Origen. A entrada é de balde e haberá tamén estacionamento de balde baixo a Praza de Galicia –no baixo do Centro Comercial Narón, ata completar a capacidade-. En xaneiro continuarán tamén os Poboados de Nadal, que se poderán visitar na Praza da Gándara ata o 5 en horario de 17.00 a 20.00 horas. Así mesmo, os días 2, 3 e 4 na Praza de Galicia haberá, nese mesmo horario, contacontos educativos, obradoiros de decoración (de cartas, galletas, bolsas de papel, brochetas de doces…), xogoteca, xogos populares e musicais… todas estas propostas, de balde.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal