Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ ESTE XOVES E O SÁBADO NA CIDADE
A unidade móbil estará operativa o xoves nas inmediacións do Centro Comercial Odeón e o sábado nas proximidades do Xulgado de Paz
Narón, 2 de xaneiro de 2023. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase dous días desta semana á cidade. O xoves día 5 a unidade permanecerá en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas, nas inmediacións da parte posterior do Centro Comercial Odeón, na rúa Cataluña. Na xornada do sábado 7 ubicarase na estrada de Castela, á altura do edificio do Xulgado de Paz, en Xuvia, onde permanecerá operativa de 10.00 a 15.00 horas. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, será preciso agardar dúas horas para realizar a extracción. Para poder doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos. Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal