Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS ÁS ALUMNAS DO CURSO DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES
Financiado polo Servizo Galego de Igualdade, logrou unha inserción profesional do 60% das participantes.
Narón, 25 de Maio de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, entregaron hoxe os diplomas do curso de “Atención a persoas dependentes” promovido polo Servizo Galego de Igualdade (SGI) da Xunta de Galicia e impartido no Centro Municipal de Formación de A Gándara, cunha duración de 200 horas. Un total de 14 alumnas remataron con éxito o curso, e a inserción laboral foi do 60% das mesmas (é dicir, 9 alumnas que fixeron o curso están xa traballando). O Alcalde desexoulles ó resto delas a mesma sorte que xa tiveron estas persoas, lembrándolles que “o goberno municipal está volcado na atención a persoas maiores e á infancia, e nesos mercados é máis sinxelo atopar hoxe en día un posto de traballo”, declarou Jose Manuel Blanco. A Concelleira de Igualdade saudou ás tres únicas mulleres que recolleron hoxe o seu diploma “dado que o resto están ocupadas, case todas no seu posto de traballo o cal é unha satisfacción para nos, especialmente neste contexto de crise económica no que nos atopamos e que fai aínda máis difícil para as mulleres a búsqueda de emprego”; salientou Mª del Carmen Espada.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal