Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS PERSOAS GAÑADORAS DOS VALES DA "CAMPAÑA NADAL COMERCIO DE NARÓN" REALIZARÁN AS COMPRAS ENTRE HOXE E MAÑÁ EN ESTABLECEMENTOS DA CIDADE
O Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón impulsaron esta campaña, que estivo vixente no mes de decembro do pasado ano
Narón, 12 de xaneiro de 2023. As catro persoas que gañaron os vales de compra sorteados na “Campaña Nadal Comercio de Narón” gastarán entre hoxe e mañá o importe dos mesmos nos establecementos adheridos á iniciativa, impulsada polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón. Otilia Miragalla, veciña de Narón, saía esta mañá ás 10.00 horas do Concello nun vehículo de cortesía cedido para a ocasión para gastar os 400 euros que recibiu nesta campaña. Unha hora máis tarde rematou as compras, nos establecementos Calzados Mara, Ubaldina e Bazar Bolívar. Esta tarde ás 17.00 horas será o turno de Dolores Mariño, veciña de Ferrol, que terá que gastar o vale de 600 euros tamén en establecementos que se implicaron na campaña, preto de 80. Na xornada de mañá está previsto que realicen as súas compras Emilia Cagiao, que obtivo un dos vales de 600 euros, e tamén Verónica Rañal, cun de 400 euros, ambas veciñas de Narón. Os vales teñen que canxearse como mínimo en tres comercios que participaron na campaña. Unha persoa acompaña aos premiados durante o percorrido ata esgotar o importe dos seus vales. A “Campaña Nadal Comercio de Narón” estivo vixente durante todo o mes de decembro do pasado ano e a través da mesma entregáronse catro cestas con produtos de Nadal e catro bonos nun hotel spa para dúas persoas cunha noite de aloxamento. Dende o Concello valorouse a boa acollida da campaña e tamén a participación dos comercios da cidade, dos que se salientou a gran variedade de produtos que ofrecen e o seu trato directo e persoalizado coa clientela.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal