Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PRESENTOU NO PAZO DA CULTURA O LIBRO DE FOTOGRAFÍAS "NARÓN"
Marián Ferreiro presidiu o acto acompañada polo fotoxornalista que realizou as imaxes da publicación, Jose Pardo
Narón, 12 de xaneiro de 2023. O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu esta tarde o acto de presentación do libro de imaxes “Narón”, unha publicación da que se editaron 1.000 exemplares e que ten un carácter institucional. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu o acto acompañada polo fotógrafo autor das imaxes que aparecen no libro, Jose Pardo. Estiveron tamén presentes na convocatoria a deportista Sara Guerrero, o actor e director teatral José Prieto e a xornalista Rocío Pita, que colaboran cos artículos incluídos na publicación, representantes da corporación local e de entidades veciñais da cidade, entre outros. Ferreiro agradeceu a implicación de todas as persoas que fixeron posible a edición deste traballo, que tal e como recordou, xorde dunhas conversas mantidas con Pardo no ano 2019. Os anos de pandemia retrasaron a publicación, na que se aposta por amosar a realidade actual da cidade a través de diversos ámbitos: cultural, deportivo, industrial, patrimonial… nas 160 fotografías que se seleccionaron. Pola súa banda, o fotógrafo asegurou que a nivel persoal “é un reto moi interesante e ilusionante afrontar un libro no que intentas contar o momento actual de Narón en fotos”. Jose Pardo recalcou que “a miña maior ilusión é que os naroneses e naronesas se sintan identificados co que ven, con iso doume por satisfeito” e recordou que se trata dun traballo “longo, de moitos días e miles de fotos para dar sentido ao obxectivo deste libro”. Así mesmo, o autor das imaxes subliñou que “estamos hoxe presentando o libro grazas á aposta da alcaldesa, porque un traballo deste tipo sería imposible se non hai detrás un apoio institucional”. No transcurso do acto Pardo recordou os seus anos en Narón como monitor da piscina de Xuvia. “Teño unha relación moi especial con esta cidade porque deume o meu primeiro traballo e para min sempre foi un concello moi especial”. A alcaldesa recalcou que “o libro recolle unha parte da esencia da nosa cidade” e destacou a calidade do resultado final. “É moi importante que Narón conte cun libro como o que hoxe presentamos, cun sinfín de imaxes que quedarán para sempre na nosa retina e por suposto, na historia de Narón, a través desta publicación institucional”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal