Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA III MARCHA CICLISTA ESCOLAR DO CONCELLO DE NARÓN
Se celebra o venres 28 de maio, coa participación de 1.200 nen@s de Educación Primaria dos colexios de Narón
Narón, 26 de Maio de 2010.- O Concello de Narón ven de promover a terceira edición da Marcha Ciclista Escolar, que se levará a cabo o venres 28 de maio coa participación de escolares de 3º a 6º de Educación Primaria de tódolos colexios do municipio. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presentou hoxe o evento nunha rolda de prensa na que estuvo acompañado polo xefe da Policía Local, Eduardo Pita, o edil de Seguridade Vial, Ramon Padín, o voceiro das ANPAS, Salvador Basoa, e o equipo de Educación Vial do Concello (formado por Pedro Caneiro e Simón Cabarcos). O grupo de Educación Vial da Policía Local de Narón ten elaboradas dous rutas diferentes, en función da zona na que se atope cada centro escolar. Así, haberá un grupo que sairá dos colexios Ponte de Xuvia e Jorge Juan sobre as 9:30 da maña, para circular pola Estrada de Castela ata a Estrada do Feal, onde se sumará o Colexio de Piñeiros (saída ás 9:35) e dende aí seguirán ata a Estrada de Cedeira para recoller ós alumnos do Colexio de O Feal (sobre as 9:50). A continuación, circularán os catro colexios xuntos pola Estrada de Cedeira ata a rotonda de Freixeiro, onde agardarán fronte ó paseo fluvial. (Este é o Grupo 1) O segundo grupo divídese á súa vez en dous equipos: o primeiro está formado polos colexios de A Solaina, Ayala e Virxe do Mar, que sairán ás 9:40 horas e percorrerán a zona das Vivendas da Mariña, e a Ponte das Cabras para chegar ó exterior do hipermercado Alcampo. Aí se xuntarán co segundo equipo, que sairá dos colexios de A Gándara e Santiago Apóstol ás 9:40 horas, para realizar a mesma ruta pola estrada da Gándara ata chegar ó estacionamento de Alcampo. (Grupo 2) A saída deste centro comercial está prevista para as 10:00, e o traxecto a seguir por estes cinco colexios que forman o grupo 2 é o seguinte: Estrada de Castela ata a rotonda de Freixeiro, onde se sumará o grupo 1. Tódolos participantes xuntaranse neste punto, para circular pola Estrada de Castela ata a rúa Irmandade e despois chegarán ó paseo de Xuvia. Alí levarase a cabo, entorno ás 11:00 horas, unha pequena festa co sorteo de agasallos –valorados en conxunto en 3.000 euros-, todo elo para conmemorar o fin do curso escolar. Para diferenciar ós colexios participantes, cada un deles levará unha camiseta dunha cor distinta, seguindo este orde: Cor branco: Colexio da Gándara Cor amarelo: Colexio da Solaina Cor azul oscuro: Colexio Jorge Juan Cor fucsia: Colexio Ponte de Xuvia Cor azul claro: Colexio Piñeiros Cor teja: Colexio Virxe do Mar Cor verde: Colexio Santiago Apostol Cor laranxa: Colexio Ayala Cor azul turquesa: Colexio do Feal Está prevista a participación aproximada de 1.200 persoas (entre rapaces, pais e nais, e xente que se sumará á marcha de xeito espontáneo). A Policía Local empregará un dispositivo especial de seguridade formado por 10 axentes, que estarán apoiados por voluntarios de Protección Civil e motoristas do clube Fojeteiros. Ademáis, haberá dous ambulancias e un autobús que recollerá ós nenos que non poidan seguir o traxecto, ademáis dun camión do Concello que levará as bicicletas que se averíen. As ANPAS colaboran, entre outras accións, coa elaboración a tarde anterior de bocadillos para tódolos participantes. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, asegurou que este evento “é a culminación dun ano de traballo dos colexios en educación vial, o que resulta moi importante para o Concello. Dende o goberno municipal valoramos de xeito especial esta formación que se ofrece nos colexios porque sabemos que a través dos nenos tamén é posible que se involucre ós seus pais neste tema”, salientou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal