Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACUDIU Á SINATURA DA ACTA DE REPLANTEO QUE MARCA O INICIO DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO APARCAMENTO DO CENTRO DE SAÚDE
A rexedora local, Marián Ferreiro, estivo acompañada polo edil de Obras, Pablo Mauriz, e representantes da empresa adxudicataria dos traballos
Narón, 13 de xaneiro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse este mediodía á parcela donde se construirá o aparcamento do centro de saúde cos responsables da empresa adxudicataria dos traballos para asistir á sinatura da acta de replanteo que marca o inicio desta intervención. A rexedora local, que estivo acompañada polo edil de Obras, Pablo Mauriz, recordou que “se trata dunha actuación que se cofinanciará con cargo a fondos europeos e cuxa tramitación se prolongou no tempo máis do que todas e todos quixeramos para precisamente poder optar a eses fondos”. Esta actuación é cofinanciable ata un 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020, Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”. O estacionamento, licitado en 599.805 euros, construirase nunha parcela ubicada entre a estrada de Castela e o Camiño do Lodairo. En total, nun prazo estipulado de catro meses, habilitaranse 150 prazas, que se sumarán ao medio centenar operativas no Camiño do Lodairo. Habilitarase un vial perimetral de circulación, outros interiores para zonas de estacionamento, dous accesos, dúas glorietas para distribuír o tráfico entre os accesos e o vial perimetral e as zonas de estacionamento, con prazas en forma de espiga e viais internos de estacionamento que serán de sentido único de circulación. En canto á zona peonil, terá beirarrúas na parte colindante co Camiño do Lodairo e o acceso de peatóns ao aparcamento poderá ser por medio desas beirarrúas ou por unhas escaleiras. O proxecto contempla tamén mobiliario urbán, zonas verdes, con varias especies arbóreas, cunha pantalla vexetal para diferenciar os diferentes usos: beirarrúa e carril bici cun ancho total de tres metros divididos en dous carrís. O carril bici discurrirá paralelo á estrada de Castela e contará cun estacionamento de bicicletas. A actuación enmárcase no Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Narón, a través do que se aposta pola mellora viaria na estrada de Castela, integrando un carril bici e un estacionamento de bicicletas, ampliando beirarrúas e habilitando zonas peonís, incorporando arbolado, zonas verdes…e, en definitiva, fomentando a mobilidade sostible. Ferreiro destacou a implicación do goberno local de Narón para que o centro de saúde fose unha realidade. “Das arcas locais saíron preto de tres millóns de euros para que hoxe en día poidamos contar na cidade cun centro de saúde adaptado ás necesidades desta poboación”, recalcou. O convenio coa Xunta de Galicia para que o antigo edificio do centro de saúde pasase a mans do Concello supuxo un desembolso de 1,5 millóns de euros, aos que hai que sumar a cesión da parcela na que se construíu, os 580.000 euros que desembolsou o Consistorio para urbanizar o entorno no Camiño do Lodairo, a construción dunha rotonda na estrada de Castela, a cesión da actual parcela na que se construirá o estacionamento e a cofinanciación destes traballos. “As aportacións económicas realizadas son considerables, polo que a posibilidade de optar a fondos europeos para realizar esta obra do estacionamento é un exemplo de traballo conxunto entre administracións para acometer este tipo de intervencións que suman un orzamento moi elevado”, apuntou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal