Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE TRES DÍAS DESTE MES Á CIDADE
O vehículo estará un día desta semana nas inmediacións da praza da Gándara e a vindeira dúas xornadas xunto ao centro de saúde
Narón, 16 de xaneiro de 2023. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase tres días deste mes á cidade. A primeira cita será este xoves, día 19, cando o vehículo permanecerá operativo en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas nas inmediacións da praza da Gándara, na rúa Pintor Sotomaior. A vindeira semana tamén se desprazará á cidade, concretamente os días 23 e 24. En ambas xornadas as persoas que poidan ir a doar sangue terán que desprazarse ás inmediacións do centro de saúde, onde estará estacionado o vehículo entre as 9.30 e 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal