Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA FACER USO DAS INSTALACIÓNS DA LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que se trata dun servizo de conciliación para familias con fillas e fillos de 2 a 12 anos
Narón, 16 de xaneiro de 2023. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, informou que aínda quedan algunhas prazas vacantes para a ludoteca municipal da Solaina, ubicada no número 2 da rúa Cardenal Cisneros. A edil naronesa animou ás familias da cidade a facer uso deste servizo de conciliación familiar que, como recordou, se dirixe a familias con menores de entre 2 e 12 anos. As prazas dispoñibles na actualidade son, para a quenda de luns, mércores e venres de 16.00 a 19.00 horas, unha para o grupo de 3 a 6 anos e seis para o de 7 a 12; na quenda dos martes e xoves de 16.00 a 19.00 horas hai nove prazas para o grupo de 3 a 6 e catro para o de 7 a 12 e, finalmente, na quenda dos luns e martes de 18.00 a 19.00 cinco prazas para os menores de 2 anos. “Os menores realizan unha serie de actividades socioeducativas e de socialización a través dos xogos e os libros, interactuando entre eles segundo as súas idades”, explicou Taibo. A concelleira recordou que as persoas interesadas en anotarse ou obter máis información sobre este servizo municipal poden facelo nas propias instalacións, de luns a venres en horario de 19.00 a 20.00 horas; a través do correo electrónico: ludoteca@naron.es, no teléfono 981 389 284 ou no Facebook da Ludoteca municipal de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal