Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO
A acción formativa desenvolverase do 22 de febreiro ao 15 de marzo, tal e como recordou a edil responsable da área, Natalia Hermida
Narón, 18 de xaneiro de 2023. O Concello amplía o prazo de inscrición nun curso de Prevención de Riscos Laborais (nivel básico) que se impartirá do 22 de febreiro ao 15 de marzo. Esta acción formativa consta dun total de vinte prazas e poderán anotarse persoas maiores de 18 anos, desempregadas, tendo preferencia as empadroadas en Narón. As inscricións poderán presentarse a través do Rexistro xeral do Concello, de 8.30 a 13.30 horas de luns a venres tal e como recordou a edil de Formación, Natalia Hermida.. O curso ten unha duración total de 75 horas (60 de Prevención de Riscos Laborais e as 15 restantes de módulos adicionais) que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As sesións desenvolveranse de luns a venres en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas e trátase dunha acción formativa válidos para traballar nos sectores da construción e do metal. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo; Riscos xerais e a súa prevención; Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa; Elementos básicos de xestión da prevención de riscos laborais; Primeiros auxilios e módulos transversais de Igualdade de oportunidades, Orientación laboral e busca de emprego e Emprendemento forman parte dos contidos da convocatoria. As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse á web do Concello –www.naron.es- ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal