Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA UNHA XORNADA SOBRE "BENESTAR ANIMAL E COLONIAS FELINAS URBANAS"
A convocatoria, aberta á participación da cidadanía en xeral, tera lugar o día 28 de xaneiro en horario de mañá
Narón, 20 de xaneiro de 2023. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, anunciou que o vindeiro sábado, día 28, se celebrará unha nova xornada sobre “Benestar animal e colonias felinas urbanas”. As persoas que o desexen poderán acudir á convocatoria, que dará comezo ás 11.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Galego, que destacou o éxito da convocatoria que se levou a cabo a finais do pasado ano, participará no evento xunto con persoal do refuxio de animais de Mougá, das asociacións Naróncan e Cometa, e alimentadores das colonias felinas urbanas, tal e como avanzou. No transcurso da xornada repartiranse dispensadores de bolsas de recollida de heces das mascotas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal