Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA CELEBRARÁN VARIOS ACTOS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
As actividades desenvolveranse a partir do luns e o venres da vindeira semana terá lugar o acto institucional no salón de plenos
Narón, 20 de xaneiro de 2023. O Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática organizaron varios actos cidade con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, que se conmemora cada 27 de xaneiro. A primeira das citas será o vindeiro luns, día 23, xornada na que o historiador Enrique Barrera, integrante da directiva da citada asociación, impartirá unha charla no CPI do Feal -16.30 horas- para alumnado de cuarto da ESO para abordar esta temática. O martes día 24 poderase ver nas instalacións da Biblioteca municipal a exposición “Galegos en Mauthausen”, con corenta imaxes e outros documentos que amosan as duras condicións de vida no campo de concentración e que permanecerá nas citadas instalacións ata o 4 de febreiro. Instalarase na sala de exposicións da planta soto e permanecerá aberta de luns a venres, en horario de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00. Os grupos que o desexen poderán solicitar unha visita guiada con Enrique Barrera, debendo contactar co persoal da Biblioteca a través do número de teléfono 981 382 173. A última das actividades organizadas terá lugar o venres 27. Ás 10.30 horas o alumnado de cuarto da ESO do CPI do Feal –cada ano elíxese a un centro da cidade- asistirá a unha visita guiada á exposición “Galegos en Mauthausen”, con Enrique Barrera. Ese mesmo día, ás 12.00 horas celebrarase no Concello o acto institucional de acendido de candeas en recordo das vítimas do Holocausto, iniciativa que se desenvolverá no salón de plenos e na que participarán os citados escolares do CPI do Feal. Neste acto, que presidirá a alcaldesa, Marián Ferreiro, xunto con representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática, participarán outros integrantes da corporación local e da entidade e dous músicos da Asociación Cultural Musical Sementeira, que amenizarán a convocatoria. Dende o Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática convidouse á cidadanía a visitar a exposición que abrirá o martes na Biblioteca para coñecer unha parte importante da historia e rendir deste xeito unha homenaxe ás vítimas do Holocausto, moitas delas da nosa comarca.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal