Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HABILITA UN ESTACIONAMENTO PROVISIONAL PARA VEHÍCULOS CON HORARIO LIMITADO NAS INMEDIACIÓNS DO CENTRO DE SAÚDE
A zona de estacionamento é para uso exclusivo de usuarias e usuarios do centro de saúde e poderá utilizarse a partir do 30 de xaneiro
Narón, 27 de xaneiro de 2023. O Concello de Narón porá a disposición da veciñanza un espazo provisional para estacionamento temporal de vehículos mentres se executan as obras na parcela de titularidade municipal na que se construirá o aparcadoiro das citadas instalacións. A partir do vindeiro luns, día 30, as persoas que se acheguen ao centro de saúde poderán deixar o seu vehículo estacionado na explanada anexa á sala INK. Dende o Concello incidiron no feito de que se trata dun estacionamento que terá límite horario, cunha duración máxima de hora e media e sendo obrigatorio deixar á vista o disco horario ou indicar nun lugar visible a que hora se deixou estacionado o vehículo. O aparcamento, para uso exclusivo de pacientes do centro de saúde, permanecerá aberto ininterrompidamente dende as 7.30 ata as 20.00 horas, polo que as usuarias e usuarios do mesmo deberán retirar os vehículos pasado ese horario, momento no que se procederá a pechar o recinto. Dende o Consistorio valorouse o feito de que este estacionamento se ubique a escasos metros do centro sanitario e a súa accesibilidade dende a estrada de Castela. Así mesmo, fíxose un chamamento para que poidan facer uso do mesmo o máximo número de vehículos, estacionándoos debidamente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal