Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PROXECCIÓN DA PELÍCULA "CINCO LOBITOS" ABRE O CICLO DE CINE "ELAS" ORGANIZADO POLO CONCELLO E O CINECLUBE SERIE B
O ciclo inclúe catro filmes que se poderán ver en febreiro, con entrada de balde, no Pazo da Cultura
Narón, 31 de xaneiro de 2023. O Pazo da Cultura acollerá mañá mércores, ás 20.00 horas, a primeira proxección do ciclo de cine “Elas”, organizado polo Concello en colaboración co Cineclube Serie B. “Cinco lobitos”, da directora Alauda Ruiz de Azúa, é a primeira película que se poderá ver, de balde, nesta edición do ciclo. O filme tivo once nominacións aos Premios Goya, entre elas as de mellor película, dirección novel e guión orixinal e este ano gañou o premio á mellor película europea na “XV Gala dos premios Gaudí”, da Academia do Cine catalán. “Cinco lobitos” conta a historia dunha muller que regresa ao pobo dos seus pais para criar ao seu fillo unha vez que a súa parella se ten que ausentar por motivos laborais. Ela compartirá cos seus pais as tarefas propias do coidado do menor. As seguintes proxeccións deste ciclo de cine terán lugar o mércores 8, cando se poderá ver “Alcarrás”, de Carla Simón; “Libertad”, o 15 de febreiro, de Clara Roquet e, por último, o 22 deste mes, “Las niñas”, de Pilar Palomero. Neste ciclo colaboran tamén a Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal