Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO TELEMÁTICO SOBRE "INICIACIÓN AO COOPERATIVISMO"
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, animou a inscribirse neste curso, de balde, a aquelas persoas interesadas no sistema do cooperativismo
Narón, 1 de febreiro de 2023. O Concello impulsa coa Rede Eusumo de Galicia unha serie de cursos de balde que se impartirán a través de teleformación. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou que se convoca un curso de “Iniciación ao cooperativismo”, que comezará o 13 de febreiro e rematará o 10 de marzo. Esta acción formativa terá unha duración de 60 horas –a previsión é dende as 10.00 ata as 13.00 horas- e as persoas interesadas poderán anotarse de balde a través dun formulario que se pode obter a través da dirección: https://aula.formacionenrede.com/eusumonaron. É unha formación aberta á cidadanía en xeral, se ben se priorizarán os seguintes colectivos: mulleres, persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social, persoas vencelladas coa economía social e desempregadas. A actividade enmarcase no programa de actuación 2022-2023 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, contando co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. O edil naronés animou a todas aquelas persoas interesadas no sistema do cooperativismo a inscribirse nesta convocatoria, na que “terán a oportunidade de coñecer da man de profesionais como se constitúen e o seu funcionamento”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal