Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADO O CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN ÓS MAIORES "MANUELA PÉREZ SEQUEIROS"
Dispón de 30 prazas de Centro de Día e unha área de servizos lúdicos e socioculturais.
Narón, 26 de Maio de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, inauguró hoxe de xeito oficial o Centro Integrado de Atención a Persoas Maiores de Narón "Manuela Pérez Sequeiros", no que tense invertido un total de 1.616.828 euros. A financiación deste novo servizo público correu a cargo do Concello de Narón, a Diputación de A Coruña, e o plan Proder da Unión Europea. Ademáis, recibiuse unha achega de 350.000 euros adiccionais do Plan E para levar a cabo o acondicionamento do exterior. O Centro de Maiores, que levará o nome de Manuela Pérez Sequeiros en lembranza á que fora concelleira de Servizos Sociais, Muller e Cultura falecida o ano pasado, divídese en dous áreas diferenciadas: o Centro de Día para persoas dependentes, e a zona de servizos lúdicos e socioculturais. O Centro de Día ofrece servizos terapéuticos como a hidroterapia, ergonomía, yoga, estimulación, musicoterapia, podoloxía, acupuntura, e salas de descanso e curas. Os interesados poden inscribirse no propio Centro –situado na zona de Vosa, frente ó Pazo da Cultura- ou no Servizo Sociocomunitario Municipal –no 1º andar do Concello-. O número máximo de prazas fixouse en 30. A área de servizos lúdicos e socioculturais dispón dunha sala social, outra de viaxes e unha terceira de tertulia. Ademáis ofrece áreas de xardinería, novas tecnoloxías e cafetería. Este Centro de Persoas Maiores cobra unha importancia especial tendo en conta que Narón ten unha tendencia de crecemento estable nos últimos 25 anos e que o 24% dos seus habitantes está por encima dos 60 anos de idade, o que se traduce en 8.500 persoas maiores. A taxa de envellecemento é dun 18,24% e a esperanza de vida medrou ata unha media de 84 anos para as mulleres e de 77 anos para os homes. As novas instalacións pretenden ofrecer unha resposta eficaz a esta realidade, a través dunha atención integral e secuenciada en base ás necesidades dos maiores. Con este novo servizo o Concello quere garantir a evolución psicofísica da persoa preto do seu entorno familiar, social e funcional, e facelo nun mesmo centro de referencia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal