Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO EXECUTA OBRAS DE AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO E MELLORAS NA PISTA POLIDEPORTIVA DE SAN MATEO ORZAMENTADAS EN CONXUNTO NUNS 205.000 EUROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse ás zonas nas que se están levando a cabo ambas intervencións
Narón, 1 de febreiro de 2023. O Concello destinou unha partida de preto de 160.000 euros á materialización do proxecto de ampliación da rede de saneamento na parroquia de San Mateo. Os traballos están actualmente en execución e esta mesma mañá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona para ver o avance dos mesmos. “A instalación dun colector nesta parroquia permitirá recoller os verquidos de ata un potencial de medio cento de vivendas nos vindeiros anos, dotándoas dun servizo do que ata o momento carecían e sobre o que continuamos acometendo importantes proxectos na zona rural”, destacou Ferreiro. A actuación lévase a cabo en seis tramos, de diferentes pendientes e lonxitudes e esta mesma mañá operarios da empresa adxudicataria traballaban nun dos tramos, nas excavacións previas á instalación da canalización por onde discurrirá a rede. Os verquidos das vivendas ubicadas na zona do proxecto encauzaranse cara á rede actualmente operativa no Camiño de Vilar, tal e como figura no proxecto. “Dende o goberno local continuamos apostando por ampliar a rede de saneamento no rural, evitando así a construción e o uso de fosas sépticas que en ocasións teñen certos riscos de fugas, co impacto negativo que estas teñen sobre o medio ambiente”, apuntou a rexedora local. Os traballos, tal e como recordou a alcaldesa, permitirán ofrecer unha continuidade no servizo na parroquia de San Mateo, onde xa se materializaron, nese caso a través da empresa mixta de augas do municipio, Cosma, outros traballos para implantar a rede, como é o caso do lugar da Calliqueira, onde xa se investiron algo máis de 100.000 euros. Ferreiro subliñou que “seguiremos destinando recursos propios, ante a falta de respaldo doutras administracións no noso concello, a avanzar na implantación da rede de saneamento na zona rural porque entendemos que é un servizo moi necesario e que se debe ofrecer en todos os casos nos que sexa viable a materialización dos proxectos”. A maiores, dende o Concello tamén se está executando na parroquia de San Mateo o acondicionamento da pista polideportiva, localizada nas inmediacións do Centro Cívico Social, para uso e desfrute das veciñas e veciños. Neste caso, tal e como indicou a alcaldesa, o investimento ronda os 45.000 euros, “unha contía que permitirá mellorar esta instalación municipal”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal