Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASISTE AO "VII ENCONTRO DE CIDADES PARA A SEGURIDADE VIARIA E A MOBILIDADE SOSTIBLE" QUE SE CELEBRA ESTA SEMANA EN VALLADOLID
Marián Ferreiro valorou os temas abordados neste evento, ao que acudiu acompañada polo responsable das áreas de Mobilidade, Seguridade Viaria e Sinalización da Policía Local naronesa, José Antonio Carballido
Narón, 3 de febreiro de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o responsable das áreas de Mobilidade, Seguridade Viaria e Sinalización da Policía Local naronesa José Antonio Carballido, desprazáronse a Valladolid para asistir ao “VII Encontro de Cidades para a Seguridade Viaria e a Mobilidade Sostible” organizado polo Concello de Valladolid, a Dirección Xeral de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias. “Entre todos sumamos cidades saudables” é o lema desta convocatoria, iniciada onte e que remata hoxe na Feira de Valladolid. A sostibilidade ambiental, a seguridade viaria, a saúde e o benestar das persoas que residen nas cidades centrarán a temática das intervencións, co fin de promover cidades máis saudables, humanas e próximas e nas que a cidadanía sexa a protagonista da mobilidade. Así mesmo, analizase o impacto que tivo a redución do límite de velocidade nas cidades e tamén as oportunidades que ofrece o transporte público, a importancia da normativa e a vixilancia na seguridade viaria, a implementación de zonas de baixas emisión, e os desprazamentos a pé ou en bicicleta para unha mobilidade máis sana e sostible. Ponentes como Pere Navarro, director xeral de Tráfico; María José Rallo, secretaria xeral de Transportes e Mobilidade; Ana Montalbán, coordinadora técnica da Red de Ciudades que Caminan; Óscar Moral, asesor xurídico do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade… participaron nesta convocatoria. Dende a organización recalcaron o feito de que este Encontro se concibe “como un foro de reunión e debate para o análise da mobilidade e seguridade viaria urbana, co obxectivo de difundir, promover e impulsar boas prácticas e experiencias de seguridade viaria e mobilidade sostible”. A alcaldesa valorou a asistencia a este evento, destacando o feito de que “representa un foro ideal para poder compartir as experiencias que en temas de mobilidade sostible e seguridade viaria estamos levando a cabo en Narón dende hai varios anos e tamén para intercambiar experiencias con diferentes profesionais nestas áreas”

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal