Célebrase o sábado 5 de xuño na Casa da Mocidade e o seu entorno, durante toda a xornada.
Narón, 2 de Xuño de 2010.- A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe o 8º Encontro Local da Mocidade Enlomo que se celebrará o sábado 5 de xuño en horario de 10 a 21 horas. Tódalas actividades programadas se desenvolverán na Casa da Mocidade (A Gándara) e nas súas proximidades (no aparcamento e no skatepark).
A relación de actividades previstas para esta xornada é a seguinte: graffitis, patinaxe, videoxogos, e warhammer (única actividade para a cal é necesario inscribirse previamente). Ademáis, haberá obradoiros de tiro con arco, tatuaxes e té saharaui, técnicas de ligue, tenis de mesa, e camisetas. Serán impartidos por asociacións e entidades de Narón. Tamén se instalará un stand informativo sobre sexualidade na que os rapaces e rapazas poderán recibir información. O Encontro de Mocidade rematará coas actuacións musicais dos grupos Gathening Leopard e Wall of Deaht da Escola de Música Moderna, no exterior da Casa da Mocidade.
Está prevista a participación de 300 xóvenes de Narón neste encontro, segundo informou a Concelleira de Mocidade. Natalia Hermida explicou que o Encontro da Mocidade está pensado para compartir unha xornada de convivencia entre diferentes grupos de xóvenes e que de ahí poidan xurdir actividades, interese e asociacións conxuntas, declarou.