Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONTINÚA O CICLO DE CONFERENCIAS DO PROGRAMA MUNICIPAL "A SAÚDE MENTAL É COUSA DE TODOS E TODAS"
A prevención da depresión e outras doenzas e a mellora da saúde mental en xeral son obxectivos fundamentáis destas iniciativas impulsadas desde o mencionado programa municipal
Narón, 22 de febreiro de 2023. O ciclo de conferencias “A saúde mental é cousa de todos e todas” continuará o vindeiro sábado, ás 11.00 horas, no salón de actos do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. O licenciado en INEF, fisioterapeuta e director da clínica MASSALUD, Camilo Rivas, e o licenciado en CAFYDE e especialista en actividade física terapéutica, Jorge Cabana, serán os encargados da charla “Inflúe o que me movo na miña saúde mental?” O Concello organizou este programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental, no que se enmarca esta convocatoria e na que, cada mes, se programan outras, abertas á participación da cidadanía en xeral, e que rematarán no mes de xuño. Así mesmo, as persoas que teñan algún tipo de doenza relacionada coa saúde mental e queiran participar como voluntarias ou voluntarios poderán facelo a través do programa para compartir a súa experiencia participando en varios encontros para recoller información e compartila. As persoas interesadas poden remitir un correo electrónico á dirección: info@paula-paz.com.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal