Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A OBRA "ADICTOS" COA INTERPRETACIÓN DE LOLA HERRERA
Unha ficción cuxos personaxes manifestan inquietudes que nos incumben a todos e a todas, a realidade da expansión progresiva da desinformación
Narón, 22 de febreiro de 2023. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dúas funcións da obra de teatro contemporáneo “Adictos”, da compañía Pentación, coa dirección de Magüi Mira e cun elenco de actrices formado por Lola Herrera, Ana Labordeta e Lola Baldrich. “Adictos” aborda unha problemática que afecta á sociedade en xeral analizando hasta qué punto nos atopamos sometidos á tecnoloxía, qué tipo de sociedade construímos e qué panorama nos expón o futuro máis próximo. Unha ficción cuxos personaxes manifestan inquietudes que nos incumben a todos, cuestionando paradigmas que, ata o de agora, asumimos como válidos e certos pero que poida que escondan mentiras que estean distorsionando as nosas vidas. Os autores, Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez, reivindican a través deste texto a capacidade de reacción do ser humano. O punto de rebeldía que sempre é necesario para que as cousas evolucionen cara a unha meta mellor, cara a un horizonte no que poidamos gozar dunha vida tecnolóxicamente sa e socialmente libre. A primeira das funcións que terán lugar no Pazo de Cultura naronés será o venres día 24 ás 20.30 horas e a segunda función o sábado día 25 ás 20.00 horas. As entradas teñen un prezo de 18,00 euros para o público xeral e de 12,60 euros para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou a través da web: padroadodecultura@naron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal