Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LEVARÁ A CABO EN COLABORACIÓN CON SALÓNS DE PEITEADO E ESTÉTICA DA CIDADE A CAMPAÑA "A IGUALDADE POLOS PELOS"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou a iniciativa acompañada pola edil de Igualdade, Mar Gómez
Narón, 23 de febreiro de 2023. O Concello de Narón promove a campaña “A igualdade polos pelos”, de sensibilización, prevención e difusión dos recursos e prestacións existentes en materia de violencia de xénero. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou hoxe a iniciativa xunto coa edil de Igualdade, Mar Gómez, recordando que se realiza en colaboración cos salóns de peiteado e estética da cidade. Dende hai uns días estase realizando unha rolda de visitas por establecementos locais do sector co fin de ofrecer información desta campaña e tamén a posibilidade de asistir ás sesións formativas que se levarán a cabo os días 13 e 21 de marzo –de 10.00 a 12.00 e de 17.00 a 19.00 horas respectivamente- nunhas instalacións municipais. Os establecementos interesados en informarse ou anotarse nesas sesións poden tamén facelo chamando ao número de teléfono 604 033 515 ou escribindo ao correo electrónico: aigualdadepolospelos@gmail.com, facilitando nome e apelidos da persoa interesada, nome do establecemento e un teléfono de contacto. “A través desta campaña apóstase por implicar aos diferentes axentes sociais, e neste caso ao persoal dos salóns de peiteado e estética, na prevención e detección das violencias machistas, creando unha rede de espazos aliados contra a violencia de xénero”, explicou Ferreiro. Os locais que se adhiran contarán con carteis, dípticos informativos sobre a violencia de xénero e os recursos públicos nesta área e cun adhesivo distintivo na porta, o que os identificará como espazos aliados. A rexedora local indicou que os locais participantes recibirán unha serie de formación específica para coñecer máis polo miúdo que é a violencia de xénero, como actuar ante ese tipo de situacións e que recursos públicos existen para ofrecer asesoramento ás vítimas ou denunciar ese tipo de agresións. Dende o Consistorio apostouse por traballar con establecementos que representan un espazo de oportunidade para a visibilización e a toma de consciencia dos impactos da violencia de xénero, animando aos establecementos interesados en colaborar a adherirse á iniciativa. A campaña “A igualdade polos pelos” está financiada con fondos do Pacto do Estado e as accións programadas con cargo á mesma estenderanse ata o vindeiro mes de xuño, co obxectivo de poder darlle continuidade á rede xerada en vindeiras edicións, tal e como avanzou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal