Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN APOIA A SOLICITUDE DA VECIÑANZA DE SEDES E SAN XIAO PARA DOTAR DE BEIRARRÚAS A ESTRADA DP-5404
O Concello acolleu o pleno ordinario de finais de mes, no que se aprobou a moción de TEGA, PSOE e BNG con motivo do Día Internacional da Muller
Narón, 23 de febreiro de 2023. No transcurso do pleno celebrado esta tarde saíu adiante unha declaración institucional de apoio á solicitude da veciñanza de Sedes e San Xiao para dotar de beirarrúas a estrada provincial DP-5404 (Xuvia a Valdoviño). A veciñanza presentou un escrito a finais do pasado ano na Deputación da Coruña, titular da vía, solicitando beirarrúas pola perigosidade para o tránsito peonil polo citado vial e a corporación local entende tamén como necesaria esa petición, reivindicando que se constrúa como mínimo unha beirarrúa. Os grupos municipais de TEGA, PSOE e BNG presentaron unha moción, respaldada tamén polos edís do PP, con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, na que se manifesta o “firme compromiso do Concello de Narón coa defensa e o fomento da Igualdade entre homes e mulleres, non só o 8M senón todos os días do ano”. Así mesmo, os grupos comprométense a apoiar todas as convocatorias feministas para conmemorar o 8 de Marzo, e a instar ao resto de administracións públicas a incrementar os recursos económicos para políticas de Igualdade. A maiores, solicítaselle á Xunta a creación do Instituto Galego das Mulleres, dunha Unidade de saúde integral das mulleres e da Valedoría das Mulleres e un Plan de extensión dos servizos públicos en materia de coidados, entre outros puntos. Na sesión aprobouse ademais o nomeamento da Muller do Ano 2023, cuxa identidade se desvelará no transcurso do programa de actos do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal