O CONCELLO E A DEPUTACIÓN COLABORAN NA SINALIZACIÓN DOS CAMIÑOS MILENARIOS DO VAL
A parroquia de O Val convertirase nun museo ó aire libre, con paneis e indicadores sobre os elementos históricos máis destacados.
Narón, 2 de Xuño de 2010.- A Concellería de Turismo e o Plan de Dinamización do producto turístico Ferrol-Ortegal veñen de presentar un proxecto para convertir a parroquia de O Val nun museo ó aire libre. Trátase da sinalización dos puntos de maior interés desta zona, pola que discurre o camiño a San Andrés de Teixido e tamén o antigo camiño inglés a Santiago de Compostela.
O proxecto materialízase na colocación de maís de 200 puntos informativos ó longo da parroquia de O Val (180 flechas ecolóxicas, máis de 20 mesas e 7 tellados nos que figura información sobre os puntos exactos de interese coma o Pazo Libunca, onde xa están colocadas estas lendas).
O coste deste proxecto ascende a máis de 100.000 euros e incluirá a habilitación de 3 centros de interpretación en O Val, e o reparto de trípticos informativos na oficiña de Turismo de Narón. A relación de puntos de interese da parroquia poderá consultarse nas webs do Plan de Dinamización e do Concello de Narón proximamente.
O Alcalde de Narón destacou a importancia deste proxecto de musealización do Val, que é único en toda España e hoxe foi presentado polo historiador municipal Andrés Pena.
Relación de sinalización interpretativa:
Cartel Pazo Libunca A capela Sixtina da cerámica de Talavera
Carteis xerais Itinerarios O Mar
Carteis xerais itinerario A Terra
Cartel explicativo Castro da Pedreira
Cartel explicativo Pena de Embade
Cartel explicativo Villa Quintá
Cartel explicativo Villa Pradeedo
Cartel explicativo Castro Quintá
Carteis explicativos Evolución do território (do Castro á Villa...)
Cartel explicativo Feira de Madeira
Cartel explicativo Igrexa de santa Margarita
Cartel explicativo Pena Molexa
Cartel explicativo mámoa nº 1 Santa Margarida
Cartel explicativo Pena Lopesa
Cartel Mámoa Arca de Vilarquinte
Cartel O tesouro da Lopesa
Cartel Mámoas e tesouros