Realizarase unha prantación de árbores, e os asistentes percorrerán un tramo da viaxe en bicicleta.
Narón, 3 de Xuño de 2010.- O Concelleiro de Medioambiente de Narón, Manuel Ramos, presentou hoxe en rolda de prensa o programa municipal para celebrar o Día do Medioambiente, o vindeiro sábado 5 de xuño. As actividades desenvolveranse na área recreativa de Pedroso, e servirán como encontro das persoas comprometidas co medio ambiente. Neste ano, ademáis, chamarase a atención sobre aspectos clave do impacto do ser humano no medio, especialmente o impacto do transporte no equilibrio dos ecosistemas e a recuperación das árbores froiteiras nas zonas periurbanas e rurais.
O programa de actividades do Día do Medioambiente é o seguinte:
10:30 horas.- Saída do tren ecolóxico con bicicletas dende o apeadeiro de Feve no Alto ata a área recreativa de Pedroso. A viaxe é gratuita. Distancia: 12 kilómetros.
11:15 horas.- Chegada á Estación de Pedroso.
11:45 horas.- Chegada á área recreativa de Pedroso en bicicleta.
11:45 a 12:30 horas.- Plantación de árbores froiteiras, e presentación da publicación As ribeiras do Xuvia para os participantes.
12:00 a 13:30 horas.- Xogos tradicionais autóctonos ambientais, reparto de almanaques e do libro presentado, e realización de obradoiros ambientais.
13:30 horas.- Remate das actividades
Ademáis, de 10:00 a 13:30 horas poderá visitarse a Mostra Interactiva do río Xuvia.
Na celebración do Dia do Medioambiente colaboran a asociación de veciños Chafarís e a entidade Fororural. O Concello destinará un total de 3.600 euros a esta actividade, aberta ó público en xeral.