Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DO ALTO ACOLLE MAÑÁ UNHA CONFERENCIA SOBRE "QUE TEN QUE VER A COMIDA COA SAÚDE MENTAL?"
A dietista e nutricionista Almudena López e a psiconeuroinmunóloga e nutricionista Esther Otero impartirán a conferencia
Narón, 24 de marzo de 2023. O ciclo de conferencias do programa municipal “A saúde mental é cousa de todos e todas” continuará mañá cunha conferencia sobre “Que ten que ver a comida coa saúde mental?”. A cita, aberta á asistencia da cidadanía en xeral (ata completar a capacidade da sala), terá lugar no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro a partir das 11.00 horas. Nesta ocasión abordarán o tema a tratar a dietista e nutricionista experta en nutrición clínica Almudena López e a psiconeuroinmunóloga e nutricionista deportiva Esther Otero. As persoas que acudan terán a oportunidade de intercambiar opinións sobre a citada temática neste encontro, programado a través do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental. Dende o Concello animouse á cidadanía a acudir á convocatoria, incidindo en que se trata dunha temática de gran actualidade e importancia para a sociedade en xeral. “As tres conferencias anteriores tiveron unha excelente acollida por parte das veciñas e veciños e continuaremos programando actividades ata o mes de xuño centradas na importancia da saúde mental”, avanzaron dende o Concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal