Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ MAÑÁ A ÓPERA BUFA "EL BARBERO DE SEVILLA"
A compañía Concerlírica leva ao Pazo un espectáculo ambientado na Sevilla do século XVII
Narón, 31 de marzo de 2023. O Pazo da Cultura acollerá mañá ás 20.00 horas a ópera bufa a cargo da compañía Concerlírica. “El Barbero de Sevilla” é o titulo desta peza, de preto de dúas horas e media de duración e que terá dous descansos de dez minutos. Esta ópera baséase na comedia homónima de Pierre-Agustín de Beaumarchais, que foi estreada no ano 1816 no Teatro Argentina de Roma. Con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare Sterbini (haberá unha pantalla con subtítulos en castelán), divídese en dous actos e está ambientada na Sevilla do século XVII. A súa temática céntrase nunha historia de amor en clave de humor e hoxe en día esta peza é un referente dentro das comedias musicais e a máis importante das óperas bufas. As entradas teñen un prezo de 35 euros para o público xeral e de 24,50 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal