Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO COLEXIO VIRXE DO MAR GAÑOU O PRIMEIRO PREMIO DA CUARTA EDICIÓN DAS OLIMPÍADAS ESCOLARES DE EDUCACIÓN VIARIA
Os edís Román Romero e Pablo Mauriz acudiron ao acto xunto con Pablo Pérez, da Asociación de Autoescolas da Coruña, e Ana López, de Bikework
Narón, 31 de marzo de 2023. Alumnas e alumnos de quinto de Primaria do colexio Virxe do Mar alzáronse esta mañá co primeiro premio das “IV Olimpíadas de Educación Viaria” organizadas polo Concello de Narón en colaboración coa Fundación CNAE. O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o concelleiro Pablo Mauriz participaron xunto con Pablo Pérez, presidente da Asociación de Autoescolas da Coruña, e Ana López, responsable de Bikework, no acto de entrega de premios, que coincidiu coa fase final desta convocatoria, celebrada no Pazo da Cultura. “Preto de 400 alumnas e alumnos de oito centros de ensino de Narón participaron neste evento celebrado no Pazo, e queremos agradecerlles a todos eles, aos que non puideron acompañarnos hoxe e aos centros de ensino e as familias, así como a Fundación CNAE, a súa implicación para que esta convocatoria se manteña ano tras ano”, asegurou Romero. O alumnado do colexio de Piñeiros obtivo o segundo posto neste certame, se ben o do Ponte de Xuvia quedou en terceira posición unha vez sumados os puntos que o alumnado obtivera nas fases previas, a teórica e a práctica, celebradas nas aulas durante este curso. Os colexios Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, A Gándara, O Feal, Piñeiros, Ponte de Xuvia e Jorge Juan participaron nesta edición, que rematou cun test de trinta preguntas na plataforma Kahoot con diversas preguntas sobre educación viaria. Un kit de robótica de iniciación, mapas de traballo para diferentes actividades escolares, unha visita guiada ao Centro de Innovación e Servizos da Tecnolocía e o Deseño, un brick Lego de Education para traballo de conceptos relacionados coa robótica e a física, unha cámara Go Pro Sport sumerxible e unha videocámara para a bicicleta foron os premios entregados no certame. Abordáronse cinco bloques: educación viaria (normativa de peóns, ciclistas, pasaxeiros e vehículos de mobilidade persoal); medio ambiente (reciclaxe, punto limpo e tanques de tormenta); patrimonio municipal (lugares de interese e coñecemento do entorno); Matemáticas aplicadas ao programa de educación viaria (coñecementos básicos de problemas sobre tempos e medidas métricas) e Inglés (vocabulario e gramática para dar direccións). O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, encargouse de pechar o acto, valorando a implicación dos participantes, colaboradores e do equipo de Educación Viaria de Narón, formado por Pedro Caneiro e Sonia López. “Grazas a todas e todos vós puidemos celebrar un ano máis estas olimpíadas, que confiamos en que se desenvolvan durante moitos máis anos porque ofrecen unha formación moi necesaria en materia de educación viaria”, subliñou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal