Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGOU UN CENTENAR DE PICTOGRAMAS QUE SE COLOCARÁN EN PEQUENOS COMERCIOS DA CIDADE
A aposta do Concello por apoiar e solidarizarse coas persoas con TEA e as súas familias levará a iluminar tamén de azul a glorieta de Freixeiro
Narón, 31 de marzo de 2023. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou esta mañá a Susana Oreona, integrante da directiva da Asociación de Comerciantes de Narón, os 100 pictogramas persoalizados que se realizaron para os establecementos comerciais da cidade. O edil naronés recordou que a iniciativa se levou a cabo en colaboración coa propietaria dun establecemento comercial nai dun menor con autismo e se fixo extensiva ao resto de pequenos comercios da cidade. A Asociación de Comerciantes de Narón dispón xa do material, que se colocará nos establecementos que así o solicitaron, tal e como apuntou Pita. Dende o goberno local continúase deste xeito apostando por avanzar na mellora da accesibilidade e inclusión social das persoas con autismo e outros trastornos da comunicación e a linguaxe oral. “A plena inclusión social é fundamental e nesa liña estamos traballando, incrementando a colocación de pictogramas en espazos, programas e instalacións públicas”, destacou Pita. Establecementos de fotografía, centros de beleza, ópticas, centros de psicoloxía, asesorías, tendas de fotografía, de golosinas… contarán dende hoxe con pictogramas deseñados para o Concello naronés. A Asociación de Comerciantes de Narón valorou a materialización desta iniciativa, sobre a que o concelleiro naronés asegurou que se continuará traballando nos vindeiros meses “co fin de facer de Narón unha cidade plenamente inclusiva”. O Concello adheriuse tamén ao movemento internacional “Light it up blue” (ilumínao de azul), para conmemorar este domingo o Día Mundial da Concienciación sobre o autismo, polo que se iluminará de cor azul a glorieta de Freixeiro. Con esta iniciativa, da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (Aspanaes) e a Confederación de Autismo España, o Concello amosa o seu apoio e solidariedade ás persoas con TEA e ás súas familias.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal