Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO EXECUTA OBRAS DE ACCESIBILIDADE NO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA POR IMPORTE DE 183.000 EUROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o compromiso do goberno local coa accesibilidade, un área á que se destinaron preto de dous millóns de euros nos últimos catro anos
Narón, 1 de abril de 2023. O proxecto para mellorar a accesibilidade nas instalacións do complexo polideportivo da Gándara avanza a bo ritmo. Así o asegurou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que explicou que o goberno local incluíu esta actuación, orzamentada en 183.035 euros nun plan de investimentos municipal que permitirá continuar avanzando na mellora da accesibilidade dos edificios municipais. “Na actualidade estase traballando xa en medidas complementarias a maiores das requeridas pola normativa en vigor, como a construción dunha rampa accesible polo exterior, na zona dos estacionamentos, que se complementará aproveitando a instalación dun novo ascensor na fachada coa reubicación da porta de saída, a ampliación do rellano exterior e a habilitación dunhas novas escaleiras”, apuntou Ferreiro. Así mesmo, no que respecta ás escaleiras interiores, co obxectivo de ofrecer maior protección ás usuarias e usuarios das instalacións e evitar posibles impactos contra elementos, colocarase unha baranda de protección para protexer as zonas baixo as escaleiras e sinalizarase o punto das vigas que cruzan o graderío do vestíbulo. Entre as medidas inclúese tamén a colocación de franxas de pavimento visual e táctil no inicio dos tramos de escaleiras e tamén de pictogramas, segundo consta no proxecto. As actuacións inclúen ademais a instalación nos aseos e vestiarios dun dispositivo de chamada de emerxencia que será perceptible no exterior ou no punto de control, e melloras no sistema de alumeado en determinados espazos do interior da construción. A reforma dos aseos, a instalación de novas cabinas accesibles nos vestiarios e un novo aseo accesible na planta baixa de acceso ao graderío da piscina completarán este proyecto. “Trátase dunha actuación que mellorará considerablemente este complexo polideportivo, un equipamento que estará operativo nunhas semanas e que constata o compromiso do goberno local coa accesibilidade, un área á que nos últimos catro anos destinamos unha partida de preto de dous millóns de euros, que incluíu actuacións en varias rúas e outros edificios como o Centro Municipal de Formación ou o Xulgado, entre outros”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal