Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASINADO O CONVENIO DE EDUCACIÓN VIAL ENTRE O CONCELLO E OS CENTROS ESCOLARES DE NARÓN
Servirá para impartir clases de educación viaria nos vindeiros tres cursos escolares.
Narón, 14 de Xuño de 2010.- O Concello de Narón acolleu hoxe a firma do convenio de colaboración en materia de Educación Vial entre o Concello e os centros de ensino públicos e concertados (10 en total) de Narón. O Alcalde, Jose Manuel Blanco, agradeceu ós directores dos centros a súa colaboración no desenvolvemento deste programa, do que se ocupa o equipo de Educación Vial do Concello. O citado convenio foi firmado polos representantes dos seguintes centros educativos: CEIP A Solaina, CEIP Ayala, CEIP Virxe do Mar, CEIP A Gándara, CEIP Piñeiros, Colexio Santiago Apóstol, CEIP Secundaria Jorge Juan, CPI O Feal, CEIP Ponte de Xuvia, e Colexio Rural Agrupado (CRA) de Narón. Grazas ó acordo firmado hoxe, o programa de Educación Vial desenvolverase ó longo dos tres vindeiros cursos nestos centros, e estará dirixido a alumnos de Educación Infantil e Educación Primaria dos mesmos. Pero ademáis, e segundo avanzou o Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, o programa se ampliará tamén ós institutos de Secundaria (IES Telleiras e IES Terra de Trasancos) e ás Escolas Infantís Municipais (A Gándara, Piñeiros, e A Solaina) no vindeiro curso 2010-2011 de xeito novedoso. Así, os estudiantes se beneficiarán do Proxecto de Educación Viaria do Concello, que tan bos resultados está a dar tal e como comentou o Alcalde, Jose Manuel Blanco. “Temos constatada unha reducción da siniestralidade neste municipio, en parte grazas ó programa de educación vial. Por iso imos mantelo no tempo, a pesares da crisis porque é moi importante educar nas boas prácticas ós nenos e nenas de hoxe porque poden van a ser os conductores do mañá”, declarou. O importe do convenio asinado hoxe ronda os 90.000 euros para as tres anualidades. (2010-2011, 2011-2012, e 2012-2013). O programa de Educación Viaria foi creado polo Concello no ano 2008 e a día de hoxe estase a impartir en tódolos centros educativos de Infantil e Primaria de Narón, a cargo do Policía Local Pedro Caneiro e o monitor de INEF Simón Cabarcos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal