Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABREN Ó TRÁFICO DUAS NOVAS RÚAS SITUADAS NO BARRIO DO ALTO DO CASTIÑEIRO
Son as rúas Cangas e Tui, e dispoñen de máis de 100 prazas de estacionamento gratuito.
Narón, 14 de Xuño de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Ramón Padín, e o Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, levaron a cabo hoxe a apertura ó tráfico de duas novas rúas de recente creación, situadas no barrio do Alto do Castiñeiro, nas inmediacións da Casa Consitorial. Estas rúas, chamadas Cangas e Tui, axudarán a desconxestionar o tráfico rodado desta zona, que experimentou nos últimos anos un crecemento destacado coa construcción de novos núcleos residenciais. Coa apertura dos viais gañarase fluidez na circulación, ó tempo que se crean máis de 100 novas prazas de estacionamento gratuito. O Concello investiu máis de 250.000 euros nestas obras, con cargo ós fondos municipais. “Pasamos de ter unha zona pechada a manter unha estructura aberta e mellorar a conexión do Alto”, declarou o Alcalde. Pola súa parte, o presidente da AVV Chafarís, do Alto, congratulouse desta apertura ó tráfico dos novos viais “que van a ser de moita utilidade para o barrio”, salientou Manuel García. Adxúntase mapa explicativo do sentido da circulación por estas rúas, e por outros dous pequenos viais tamén abertos hoxe, denominados rúa Portonovo e rúa Sanxenxo. Case todo este circuito é de un único sentido de circulación, agás a rúa da Garda, que conecta coa rotonda de EPAAT e que nestos días ultímase a súa construcción.
Descarga de archivos
Rúas de nova apertura no Alto
Tamaño:1,63 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal