Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DA DEPRESIÓN E MELLORA DA SAÚDE MENTAL CONTINÚA ESTE SÁBADO NO ALTO DO CASTIÑEIRO
O concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos, destacou o éxito de acollida que están tendo estas conferencias entre a cidadanía
Narón, 23 de maio de 2023. O ciclo de conferencias do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental organizado polo Concello continuará desenvolvéndose este sábado na cidade. O salón de actos do Centro cívico do Alto do Castiñeiro acollerá a partir das 11.00 horas a conferencia “Sexualidade e relación de parellas/vínculos, como afectan á nosa saúde mental”. A encargada de abordar este tema será Martina González, psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual e de parellas e especialista en intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual, tal e como avanzou o edil de Sanidade, Manuel Ramos. O concelleiro animou ás veciñas e veciños a acudir a esta nova conferencia do programa “A saúde mental é cousa de todos e todas”, a través do que se programaron na cidade varias ponencias impartidas por expertos nas áreas da psicoloxía, a nutrición e a saúde mental. “Todas as convocatorias programadas tiveron moi boa acollida entre a cidadanía o que constata a importancia de continuar traballando nesta materia e ofrecéndolle á veciñanza información especializada e ferramentas sobre este tipo de doenzas”, apuntou Ramos. Esta primeira edición do Programa de prevención da depresión e mellora da saúde mental rematará o vindeiro mes de xuño, tal e como estaba previsto inicialmente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal