Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADXUDICA Á EMPRESA EULEN SERVICIOS SOCIOSANITARIOS O CONTRATO DO SAF PARA OS VINDEIROS DOUS ANOS
Na sesión plenaria aprobouse por unanimidade unha moción para crear unha comisión co fin de buscar solucións ao problema das moscas no Val
Narón, 25 de maio de 2023. O Concello acolleu esta mañá, as 9.00 horas, o derradeiro pleno ordinario do actual mandato. Na sesión plenaria propúxose adxudicar o contrato do Servizo de Axuda no Fogar á empresa Eulen Servicios Sociosanitarios SA, con un límite máximo de case 7,4 millóns de euros para os dous anos de vixencia do mesmo. A maiores, tamén se acordou dispoñer o gasto de 1,5 millóns de euros do orzamento municipal en vigor para o período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de novembro deste ano e das restantes partidas en anualidades ata o 30 de xuño de 2025. A adxudicación do contrato publicarase na Plataforma de contratación do Sector público. Na sesión aprobouse inicialmente o regulamento para o uso da marca “Tarta de Narón” e do manual de identidade e uso da marca. A través do citado regulamento establécense e determínanse as condicións de uso da marca e dos seus distintivos gráficos, así como os seus requisitos para a súa autorización, utilización e xestión. A autorización para usar a marca, tal e como figura no regulamento, pódena obter as persoas físicas ou xurídicas que desexen elaborar e comercializar a “Tarta de Narón” ou comercializala nos termos establecidos. Tanto o regulamento como o manual de identidade someteranse a exposición pública e audiencia dos interesados e publicarase no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello durante trinta días para poder presentar suxestións. No caso de que non se presenten nese prazo consideraranse aprobados definitivamente os documentos, sen necesidade de acordo expreso do pleno. O profesional da repostería Santiago Otero, de pastelería Santy (Santa Icía) cedeu ao Concello oficialmente hai unhas semanas unha receita orixinal para a preparación da “Tarta de Narón”, un doce que ten a noz como ingrediente principal. Neste punto, a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, destacou a importancia de contar cunha “tarta viaxeira” e agradeceu a xenerosidade do obrador familiar Pastelería Santy de Santa Icía por ceder a receita; o traballo que levaron a cabo as persoas que participaron neste proceso e tamén a unanimidade dos grupos políticos da corporación local para sacalo adiante. Entre os asuntos aprobados no pleno tamén estivo a renovación da irmandade entre o Concello de Narón e a Cidade de Heredia, en Costa Rica, coa que se asinou o primeiro protocolo de irmandade no ano 2019 co fin de intercambiar experiencias e establecer unha cooperación mutua para tarefas de interese común. Neste caso concreto realízase para intercambiar experiencias de educación, mobilidade e seguridade viaria e afondar no coñecemento da materia entre ambas cidades e, por ende ambos países. O acordó notificaráselle á Cidade de Heredia. No apartado de mocións aprobouse a presentada por TEGA, PSOE e BNG a prol da restauración do texto certo do himno galego e tamén a prestada pola vía de urxencia polo PP para crear unha Comisión presidida pola alcaldesa e con representación de todos os voceiros/as de grupos políticos municipais, da AVV “Os Irmandiños” do Val, da Xunta de Galicia, delegación do Goberno, universidade e outras institucións que poidan achegar ideas ou solucións. No transcurso do pleno o edil socialista Santiago Galego, que ata hai unhas semanas ostentaba as Concellerías de Sanidade e Medio Ambiente, informou de todos os trámites realizados dende o Concello para tratar de solventar este problema e buscar axuda noutras administracións e entidades. Este mesmo mes o edil que está á fronte da Concellería de Medio Ambiente, Ibán Santalla, remitiu un novo escrito á administración autonómica incidindo en que “ten que ser a administración autonómica a que conxuntamente no ámbito das súas competencias en materia de medio ambiente (avaliar a falta de depredadores naturais), medio rural (uso de fontes de materia orgánica procedentes da gandería na agricultura) e saúde pública e sanidade (avaliar as repercusións que este problema está a producir na poboación), para evitar que a nosa veciñanza sufra as consecuencias desta situación, porque non se trata de algo que se poida controlar de ningún xeito nin con tratamento de ningún tipo sen causar prexuízos na saúde e no medio ambiente irreparables sen ir á raíz do problema, algo que, salvo proba en contrario, non está na man desta administración”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal