Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA UFD GRUPO NATURGY INTERRUMPIRÁ O SUBMINISTRO ELÉCTRICO ESTE VENRES EN VARIAS ZONAS DO RURAL
O edil en funcións de Servizos, Ibán Santalla, indicou que o corte levarase a cabo entre as 00.00 e as 02.00 horas
Narón, 7 de xuño de 2023. A empresa UFD Grupo Naturgy procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións este venres, de 00.00 a 02.00 horas, para realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona. Os cortes, tal e como indicou o edil en funcións de Servizos, Ibán Santalla, afectarán á zona de Carballosa, A Mata e o Camiño dos Quintos. O edil naronés explicou que os cortes programados pola compañía poden provocar interrupcións no subministro eléctrico durante o horario previsto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal