Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO IES AS TELLEIRAS REPRESENTOU PARA UN CENTENAR DE ESCOLARES A ADAPTACIÓN DO CONTO "MOUCHO E CUQUIÑA"
O concelleiro en funcións de Seguridade Cidadá, Román Romero, agradeceu o traballo realizado polos escolares, que continuará amosándose no mes de setembro
Narón, 9 de xuño de 2023. Alumnado de primeiro curso da ESO do IES As Telleiras representou a pasada semana na biblioteca do centro unha adaptación do libro “Moucho e Cuquiña”, unha publicación editada polo Concello de Narón da que é autora Paula Merlán e con ilustracións de Antonio Seijas. Os escolares actuaron ante un centenar de nenas e nenos de primeiro curso de Primaria dos colexios Ponte de Xuvia, Virxe do Mar e A Solaina, tal e como recordou o concelleiro en funcións de Seguridade Cidadá, Román Romero, que avanzou que se elixiron eses tres centros “por ser nos que estudaron as rapazas e rapaces que actúan na obra”. A representación tivo unha duración aproximada de vinte minutos e tivo unha excelente acollida. O policía Moucho e a bruxa Cuquiña son os protagonistas de varias aventuras que vivirán no seu día a día en Narón e que coñecen os escolares a través da publicación e tamén agora con esta obra teatral. “Os escolares que a representan foron alumnos da asignatura de mobilidade, do programa de Educación Viaria do Concello de Narón, que dende hai varios anos se imparte en centros de ensino da cidade”, apuntou o edil. Romero avanzou que a partir do vindeiro mes de setembro o alumnado que representa “Moucho e Cuquiña” actuará noutros centros de ensino de Narón para dar a coñecer este conto e tamén a adaptación que realizaron do mesmo. O concelleiro trasladou os parabéns aos escolares e agradeceu o traballo realizado por todas as persoas que fan posible a difusión desta obra, “cun importante contido didáctico adaptado ás idades das nenas e nenos que acuden a vela”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal